27 de xuño de 2023
Faise pública a resolución da Alcaldía na que se decide a contratación de tres peóns de albanel a xornada completa ao abeiro do programa PEL-Concellos. A resolución recolle tamén a puntuación total dos aspirantes e unha listaxe de agarda.
A resolución pode consultarse no documento adxunto.
7 de xuño de 2023
Faise pública a resolución da Alcaldía na que se recolle a inclusión doutra persoa, que formalizou a súa solicitude en tempo e forma, na listaxe de persoas admitidas no proceso de selección de tres peóns/peoas de albanel, que serán contratadas a xornada completa ao abeiro do programa PEL-Concellos. Inclúese o horario da entrevista deste candidato.
A resolución da alcaldía onde se recolle a corrección do erro na listaxe inicial pode consultarse en documento adxunto.
6 de xuño de 2023
O Concello de Rois fai pública a listaxe de persoas admitidas para a selección de tres peóns/peoas de albanel, que serán contratadas a xornada completa ao abeiro do programa PEL-Concellos. Así mesmo, dá a coñecer a composición do tribunal cualificador e fixa as entrevistas persoais para o luns 19 de xuño. As entrevistas faranse no salón de plenos do Concello de Rois a partir das 8.45 horas.
A listaxe e os horarios das entrevistas poden consultarse en documento adxunto.
6 de maio de 2023
Fanse públicas as bases da convocatoria para a contratación laboral temporal de tres peóns/peoas de albañil a xornada completa que serán financiadas pola subvención do programa PEL-Concellos 2023, que se poden consultar no arquivo adxunto
Tamén se inclúe o modelo de solicitude para participar no proceso, no arquivo adxunto