Convocatoria de emprego peón/peoa de albanel

12 de maio

Faise pública a proposta de contratación e a listaxe de agarda tras o proceso selectivo para cubrir tres prazas de peón/peoas de albanel a xornada parcial (7 horas ao día) para a realización de obras e servizos mínimos no Concello de Rois, ao abeiro do programa PEL 2025 da Deputación da Coruña.

As puntuacións totais obtidas, os nomes das persoas contratadas e das que conforman a listaxe de agarda pode consultarse no documento adxunto.

7 de maio

Faise pública a resolución da Alcaldía pola que se dá a coñecer a listaxe de persoas admitidas, da composición do tribunal e da data da entrevista para o proceso de selección de tres peóns de tres peóns/peoas de albanel a xornada parcial (7 horas ao día) para a realización de obras e servizos mínimos no Concello de Rois, ao abeiro do programa PEL 2025 da Deputación da Coruña.

A entrevista queda fixada para o luns 12 de maio ás 9.00 horas no salón de sesións do Concello de Rois.

26 de abril de 2025

Fanse públicas as bases da convocatoria para a contratación, laboral temporal, de tres peóns/peoas de albanel a xornada parcial (7 horas ao día) para a realización de obras e servizos mínimos no Concello de Rois.  A convocatoria está financiada polo programa PEL 2025 da Deputación da Coruña.

O prazo para presentar as solicitudes é de cinco días a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no día de hoxe, sábado 26 de abril.

A convocatoria, as bases e o modelo de solicitude para participar neste proceso pódense descargar nos documentos adxuntos.