O Concello de Rois informa sobre os distintos servizo de recollida de residuos situados por todo o municipio. A continuación explícanse detalladamente os procedementos dos diferentes procesos:

  • Recollida de obxectos voluminosos: é preciso chamar á planta de reciclaxe de Servia (981191240) e depositar o material xunto aos colectores de lixo o día sinalado coa empresa.
  • Recollida de residuos electrónicos: é preciso chamar ao Concello de Rois (981804109) para indicar que residuos hai que recoller. A recollida realizarase, previo aviso, porta a porta, o 3º martes de cada mes.
  • Recollida de aceite de cociña: existen tres colectores no municipio. Un en Samil (Oín), outro en A Calle (Urdilde) e outro en O Sisto (Ribasar). Antes de entregalos nos colectores, necesario meter o aceite nun envase de plástico.
  • Minipuntos limpos: para a reciclaxe de pilas, móbiles, CDS, DVDS, lámpadas de baixo consumo, cartuchos de tinta para impresoras, baterías de móbiles e aparellos electrónicos, hai dous depósitos, un en Samil (Oín) e outro en A Calle (Urdilde).

Axuda a manter o concello limpo,  chamando ao 981 80 41 09 se ves algún vertedoiro incontrolado. Todas estas accións contribúen a que Rois siga sendo “un lugar verde, un lugar onde vivir”. Termos Rois limpo é cousa de todos e todas.