Mañá (xoves 19 de novembro) ábrese o prazo para que as persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da covid-19 soliciten as axudas convocadas pola Xunta de Galicia. Poderán facelo ata o 18 de decembro.

As achegas serán de 1200 € para calquera actividade económica en xeral e incrementaranse ata os 2000 € no caso de actividades especialmente paralizadas. Entre estas atópanse o lecer nocturno, as atraccións de feria, as axencias de viaxe, o sector dos taxis, etc.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta (preme aquí). É moi importante cubrir todos os campos obrigatorios para poder optar ás achegas.

As bases reguladoras específicanse no DOG do mércores 18 de novembro. Deixamos as ligazóns:
https://cutt.ly/lg5363R
https://cutt.ly/Tg58rpV