Juan Martinez

Mercedes Autrán entrégalle ao Consello da Cultura pezas gravadas ás pandeireteiras de Rois no ano 1986

  • “Recollémolas nenas de once anos ás avoas das aldeas e tamén as incorporamos ao noso repertorio”, asegura a mestra e veciña de Rois
  • Rosario Álvarez agradece que se conservara 40 anos este material orixinal, que se incorporará ao Arquivo Sonoro de Galicia
  • O alcalde, Ramón Tojo, e a presidenta do CCG inauguran no multiúsos a exposición ‘A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral’, que se poderá visitar ata o 11 de xuño

Mercedes Autrán entrégalle ao Consello da Cultura pezas gravadas ás pandeireteiras de Rois no ano 1986 Leer más »

Rois réndelle homenaxe a José Luis Franco nas festas do Santo Isidro diante de 700 persoas

  • Visiblemente emocionando, agradeceu a visita de todas as persoas e amigos que pasaron pola taberna A Carballeira, de Sorribas, que rexentou durante máis de 45 anos
  • O educador e creador de contido Gabi García Calvo estrouse como pregoeiro no seu concello natal e pediu que lle poñan o seu nome a unha corredoira
  • Dolores Busto recolleu o premio como deseñadora do cartel promocional das festas
  • O alcalde destacou o traballo das persoas homenaxeadas este ano e a masiva asistencia á festa

Rois réndelle homenaxe a José Luis Franco nas festas do Santo Isidro diante de 700 persoas Leer más »

Rois aproba un orzamento de 5,6 millóns que reserva 3,5 para pagar bens correntes e servizos

  • O concello contempla 473.000 euros para inversións reais e prevé ingresar 3 millóns de transferencias doutras administracións públicas
  • Aprobado o convenio para enviar a Sogama a recollida de lixo doméstico
  • Modificada o prezo público para acudir a piscina descuberta de Senra

Rois aproba un orzamento de 5,6 millóns que reserva 3,5 para pagar bens correntes e servizos Leer más »

Pilar Freire Esparís anima ás novas xeracións “a manter todo o acadado en materia de igualdade e a seguir loitando por novos avances”

  • O alcalde, Ramón Tojo, entregoulle esta tarde o III Premio 8M do Concello de Rois no auditorio municipal
  • Profesora de Historia Económica na USC é un referente na investigación por visibilizar o tempo e o traballo da muller
  • A USC premiouna por introducir a perspectiva de xénero na investigación e na docencia
  • Dedicoulle o galardón as súas familias, as súas fillas e aos seus netos

Pilar Freire Esparís anima ás novas xeracións “a manter todo o acadado en materia de igualdade e a seguir loitando por novos avances” Leer más »

O PAI de Rois abre prazo matrícula do 1 ata o 20 de marzo para recibir aos menores en abril

  • Neste primeiro curso terán preferencia para acceder ao centro os menores empadroados en Rois
  • As primeiras crianzas entrarán no centro o 7 de abril, despois das vacacións de Semana Santa
  • A empresa Aurora, Pilar y Ana SL foi a adxudicataria na licitación establecida polo Concello e xestionará o PAI

O PAI de Rois abre prazo matrícula do 1 ata o 20 de marzo para recibir aos menores en abril Leer más »

O ‘Cancioneiro popular do Concello de Rois’ recolle máis de 3.000 cantigas populares

  • Clodio González Pérez recompilou as pezas durante máis de trinta anos e dedícalle o libro “ás mulleres e homes que fixeron posible este cancioneiro, especialmente ás avoas do alumnado dos colexios de Urdilde e de Rois”
  • O alcalde, Ramón Tojo, asegura que a obra “é moito máis ca unha publicación. É memoria viva, identidade compartida e patrimonio colectivo que temos que preservar e transmitir”.
  • Valentín García: “Moi poucos concellos  teñen un cancioneiro deste volume e que recolle variantes de cada aldea. Hai que ser orfebre para facer iso”
  • Agrupacións roisenses interpretaron algunhas das pezas do libro nun auditorio municipal cheo de xente

O ‘Cancioneiro popular do Concello de Rois’ recolle máis de 3.000 cantigas populares Leer más »