Unanimidade en Rois para continuar os trámites da depuradora e do PAI de Urdilde
A corporación de Rois acordou hoxe por unanimidade dos tres grupos políticos darlle conformidade ao proxecto de obra para a nova depuradora de Urdilde (redactado por Augas de Galicia) e solicitar unha subvención nominativa á Deputación para rehabilitar a vella escola unitaria de Urdilde para crear un Punto de Atención á Infancia que facilite a conciliación laboral e familiar. >