Alicentis SuperAdmin

A Escola Municipal de Música de Rois abre ata o 16 de xullo o prazo de matrícula para o vindeiro curso

A Escola Municipal de Música de Rois abre ata o 16 de xullo o prazo de matrícula para o vindeiro curso

A Escola Municipal de Música de Rois abre hoxe o prazo de matrícula de cara ao curso 2021-2022 para todas aquelas persoas interesadas en ampliar a súa formación musical. A matrícula poderá formalizarse ata o vindeiro 16 de xullo cubrindo o impreso que se pode descargar no documento adxunto e facendo o pagamento das correspondentes taxas de matrícula. >

Begoña Castro, Lois Carnota, Samuel Grela, Alberto Neo e Manuel López gañan o certame literario do Concello de Rois

Begoña Castro, Lois Carnota, Samuel Grela, Alberto Neo e Manuel López gañan o certame literario do Concello de Rois

  • Marina Vidal acadou o primeiro premio do concurso artístico.
  • As persoas asistentes á entrega de galardóns pudieron gozar dunha representación teatral do grupo infantil Vacalouras.
  • Tamén puideron ver unha recompilación de traballos do obradoiro de arte e creatividade que se expoñen estes días no Auditorio.

O Concello de Rois só permite cacharelas de San Xoán en recintos particulares privados e despois de solicitar permiso

  • Hai que solicitar o permiso antes das 14:00 horas do luns 21 de xuño.
  • A prohibición en lugares públicos quere evitar aglomeracións.
  • Nos recintos privados só poderá asistir o número máximo de persoas que determine a normativa sanitaria.
  • O alcalde emite un bando no que lembra tamén as normas que rexerán coa fin de evitar incendios.