• As persoas interesadas solicitarán cita previa no departamento de Servizos Sociais de Rois

O día 1 de abril, Xoves Santo e, polo tanto, festivo, remata o prazo para presentar a solicitude de revisión anual das pensións non contributivas. As persoas interesadas en facer esta solicitude poden pedir cita previa no departamento de Servizos Sociais de Rois, chamando ao número de teléfono 981 804 109.

A solicitude deberá estar acompaña da seguinte documentación:

  1. Xustificante das rendas e dos ingresos do ano 2020 da persoa pensionista e das demais que integran a unidade económica de convivencia se non foron declaradas con anterioridade.
  2. No caso de variacións do número de persoas conviventes, haberá que acreditar a data na que se produciu. Para iso, pode aportarse un certificado da oficina do padrón municipal.
  3. Fe de vida no caso de que non poia acudir presencialmente a persoa pensionista.

As rendas que deberán declararse son:

  • Rendas do traballo. No caso de traballar por conta allea, hase indicar o importe bruto anual. Se traballa por conta propia, especificará os ingresos anuais menos os gastos (non se consideran gastos deducibles as cotizacións á Seguridade Social nin as deducións de carácter tributario ou fiscal).
  • Rendas do capital. Faranse constar as rendas procedentes de capital tanto mobiliario (intereses bancarios, dividendos, letras do tesouro) como inmobiliario (alugueres). No caso de poseer bens inmobles urbanos que non produzan rendementos nin sexan destinados a vivenda habitual, debe determinarse o seu valor catastral.
  • Prestacións. Vencelladas a calquera organismo (Seguridade Social, mutualidades, SEPE…).

Lembramos a obriga de comunicar calquera variación das circunstancias económicas, de convivencia ou de residencia nun prazo de trinta días.