CPI dos Dices

O inicio inminente de obras para cambiar as cubertas e as carpinterías exteriores do colexio dos Dices obrigará a deixar o centro baleiro de alumnado a partir das 14.40 horas. Por este motivo, e coa fin de manter todos os servizos de conciliación e actividades extraescolares, Anpa e Concello de Rois acordaron trasladados a outras localizacións a partir do mércores 13 de outubro á volta da ponte do Pilar.

O servizo de ludoteca trasladarase ao pavillón municipal dos Dices-Rois luns, martes, mércores e venres. Os xoves funcionará na escola de dona Sara. Será o monitorado quen acompañe ata alí ás nenas e nenos con cargo ao Concello. A recollida do alumnado farase os xoves na escola unitaria e o resto dos días no pavillón.

As clases de cociña impartiranse no pavillón municipal dos Dices-Rois. As familias deberán recoller aos nenos/as no propio pavillón ás 16.00h.

As clases de informática trasládanse ao edificio multiúsos de Rois. Os nenos/as con servizo de Ludoteca contarán con transporte a coste do Concello. As familias deberán recoller aos nenos/as no propio multiúsos ás 16.00h.