As listas do censo electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024 estarán expostas ao público no Concello de Rois entre o 1 e o 8 de xaneiro, ambos os dous días incluídos.
As persoas interesadas poderán acudir ás oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas para consultar as listas do censo electoral ou presentar reclamacións, sempre dentro do prazo sinalado.
Para realizar estas xestións, é preciso que a persoa interesada se identifique presentando o seu DNI, pasaporte ou permiso de conducir.
Tamén se poderá consultar o censo electoral de xeito telefónico chamando aos teléfonos 981 217 439 ou 900 343 232 (gratuíto).
De forma telemática, os datos censais poden consultarse na páxina web do INE, co sistema Cl@ve ou con certificado dixital.