Guía de lectura de Nadal 2022

As bibliotecas dos centros educativos de Rois, en coordinación coa biblioteca pública municipal e coa vista posta nestas vacacións, difunden un ano máis entre os escolares e a veciñanza en xeral unha guía con lecturas para este tempo de Nadal.

O propósito de elaborar esta guía é dobre. Por un lado, ten como obxectivo fomentar a lectura entre os escolares, polo que se ofrece unha selección de títulos por niveis educativos. Doutro lado, a recompilación tamén está pensada para que sirva de referente á hora de buscar agasallos para as nenas e nenos.

Dende o Concello quere agradecerse o traballo do profesorado e das responsables das bibliotecas escolares pola súa implicación nesta iniciativa.

Así mesmo, lembramos que o horario de atención da Biblioteca pública municipal durante estas vacacións de Nadal abrangue de luns a venres en horario de 10.00 a 13.30.

Podes descargar a guía de lectura de Nadal no arquivo adxunto.