• Ana Chouza recomenda exercicios semanais para as persoas que asistían ao taller de memoria e para o resto da poboación

 

Cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias durante o estado de alarma, e quedar na casa para evitar a propagación do coronavirus COVID-19, non é incompatible con seguir realizando moitas tarefas e actividades que se viñan realizando ata o pasado 14 de marzo. Nesta liña, a profesora do taller de estimulación cognitiva do Concello de Rois, Ana Chouza, pon hoxe en marcha una iniciativa para que as persoas que asistían ao taller de memoria, e o resto da poboación, poidan seguir facendo actividades que axuden a manter a mente activa.

Ana Chouza publica hoxe a primeira ficha de actividades para seguir mantendo activa a mente e fomentar a estimulación cognitiva cunha serie de exercicios que todas as persoas poden facer na súa casa. A intención, como sinala na introdución da primeira ficha, coidarse fisicamente e seguir mantendo o benestar psíquico, cognitivo e emocional, traballando as emocións e realizando unha serie de tarefas que sigan de reforzo ao traballo que se viña facendo no taller.

En liñas xerais, cada semana vanse propoñer 

  • Exercicios de atención e concentración.
  • Actividades de razoamento abstracto e fluidez verbal.
  • Tarefas de categorización, ordenación e clasificación.
  • Exercicios de resolución de problemas.
  • Actividades que favorezan a nosa curiosidade e creatividade.
  • Relaxación.
  • Adestramento emocional e fortalecer a autoestima.

Nos arquivos adxuntos atópanse as explicacións e a primeira ficha, en formato word e PDF, que podes imprimir para completar. Se non tes impresora, os exercicios propostos pódense facer nun papel, seguindo as indicacións.

Hai un quebracabezas que se pode facer tamén en internet, neste enlace: https://epasatiempos.es