Cartel da Viaxe de maiores de Rois do ano 2024

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois anuncia que o vindeiro mércores, 20 de marzo, abrirase o prazo para inscribirse no Viaxe de maiores, que este ano 2024 terá como destino Torremolinos e outras localidades malagueñas. A viaxe terá unha duración de sete días (seis noites) e desenvolverase entre o 15 de abril e o 5 de maio en datas aínda por determinar.

O prezo da viaxe é de 400 euros por persoa. O prezo inclúe billetes de avión, traslados do aeroporto ao hotel e aloxamento en réxime de pensión completa, así como desprazamentos e visitas guiadas a Nerja, Frigiliana, Benalmádena, Marbella e Mijas.

O Concello pon a disposición da veciñanza un total de 110 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Poderán beneficiarse aquelas persoas empadroadas en Rois que sexan pensionistas de xubilación; de invalidez ou viuvez con 55 anos feitos; e persoas cos 65 anos cumpridos. Só poderán participar aquelas persoas que se vallan por si mesmas e non padezan alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

A inscrición estará aberta entre o mércores 20 de marzo e o mércores 27 de marzo. Quen desexe participar na viaxe deberá anotarse en persoa no departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois, en horario de 9.00 a 14.00 horas. No momento de anotarse, deberán presentar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante do pagamento, que se realizará na conta que ten o Concello en Abanca: ES64 2080 0328 9631 1000 0060.

O bando con toda a información pode consultarse no documento adxunto.