Cartel para o bando sobre os recibos de IBI e de lixo

O Concello de Rois vén de emitir un bando para informar de que algunhas cartas correspondentes aos recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e da taxa de recollida de lixo non están chegando aos domicilios das persoas contribuíntes.

Esta situación débese a que os enderezos que constan na Deputación da Coruña, entidade encargada da emisión e xestión destes recibos, non están actualizados ou aparecen incompletos.

Por este motivo, pregamos que as persoas que non recibiran as cartas cos seus recibos pasen polas oficinas municipais do Concello de Rois para solicitar unha copia e poder realizar así o pagamento.

O prazo voluntario de pagamento remata o 17 de novembro de 2025.

Para calquera dúbida ou información adicional, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas xerais do Concello de Rois ou contactar a través do teléfono 981 804 109.

O Concello de Rois aclara que esta incidencia non afecta ás persoas que teñen os seus recibos domiciliados, xa que o cargo bancario realizarase con normalidade dentro do prazo establecido.