O Concello de Rois mantén aberto ata o 25 de setembro o prazo de inscrición para un amplo e variado programa de actividades deportivas e culturais, dirixidas tanto a maiores como aos máis novos. As persoas interesadas deberán anotarse nas oficinas municipais ou no multiúsos antes do día 25, pois as clases comezarán no mes de outubro, unha vez que se conformen os grupos. A maioría das actividades impartiranse en Rois e Urdilde; e noutros casos eran en diferentes locais sociais ou veciñais.

Actividades deportivas e cursos para adultos

As actividades deportivas para adultos inclúen zumba (40 €/curso), pilates (60 €), ximnasia de mantemento para maiores de 55 (40 €), acondicionamento físico (40 €) ou baile latino (30 € trimestrais).

As persoas que opten por zumba e pilates pagarán só 65 € por todo o curso, e aquelas que escollan ximnasia para maiores de 55, pilates e aeróbic, pagarán 95 euros o curso completo.

Para as persoas maiores tamén se ofrecen diferentes cursos de formación (informática, pandeireta, cesteria, ec) e talleres de memoria

Escolas deportivas municipais para escolares

A oferta deportiva para os máis novos do municipio inclúe fútbol sala, para nenos e nenas de 5 a 16 anos (50€ curso); patinaxe artísticas (4 a 16 anos, 50€), Bádminton (5 a 16 anos, 50 €), judo (3 a 16 anos, 70 €), iniciación multideportiva (3 a 5 anos, 40 €), ximnasia rítmica, xadrez, baloncesto e tenis (todas elas a 50 € curso).

Os nenos e nenas que se matriculen en dúas actividades terán un 25% de desconto na matrícula da segunda actividades. No caso de varios irmáns, haberá un 50% de desconto par ao segundo e sucesivos irmáns ou irmás que se matriculen nas escolas deportivas municipais.

Outras actividades

Ademais, dende o concello están programadas outras moitas actividades, como o XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas, do 1 ao 15 de novembro, ou excursións á Mariña lucense (o 28 de setembro) e ao San Froilán de Lugo (5 outubro).

Camilo Seira ofrecerá un taller deartes plásticas e creativas; e haberá tamén outro sobre deseño de videoxogos; clases de teatro co grupo municipal Vacalouras, ou clases de costura creativa (as tres a 30 €/trimestre).

Oferta cultural

No eido cultural e formativo, dende o Concello de Rois ofrécense este ano de novo clases de inglés para maiores de 3 anos (30 €/mensuais); grupos de animación á lectura (30 €/curso) e o contacontos Arro-Rois para familias con crianzas de 0 a 3 anos.

O programa Ler Conta Moito levará a biblioteca municipal o 23 de outubro a obra À árbore calada’, de Iolanda Eiras e Camilo Seira.  En outubro celebrarase a segunda edición da Motra de Teatro de Rois coa representación das obras ‘Fillos do sol’ (venres, día 18); ‘Vida de Cans’ (sábado, 19) e ‘Carapuchiña vermella’ (domingo, 20).

Escola de Música de Rois

A Escola Municipal de Música de Rois tamén ten aberto o prazo de matrícula. Este ano ofrece os seguintes instrumentos: guitarra, acordeón, trompeta, saxofón, clarinete, batería, piano, violín, frauta, fagot, óboe, tuba, contrabaixo, trombón e combo…

O programa completo pódese consultar no documento adxunto, e descargar as fichas de inscricións.