Tras case tres meses, a Piscina Municipal da Senra xa ten data de peche. As instalacións permanecerán abertas ata o domingo 8 de setembro. Ata entón, o horario continuará sendo de 16.00 a 20.30 horas de luns a venres, e de 16.00 a 21.00 horas os sábados e domingos.