A Escola Municipal de Música (ESMU) de Rois despídese hoxe do curso 2020-2021 coa última das tres actuacións coas que o centro quere amosar a evolución do alumnado durante os últimos meses, no que moitas das clases celebráronse de xeito telemático debido a pandemia da covid-19.

Hoxe, unha trintena de alumnos e alumnas, dos máis de oitenta que acoden a escola de música, ofrécennos o Concerto de verán, co que se dá por rematado o presente curso. A Escola Municipal de Música de Rois mantén aberto o prazo de matrícula para o curso 2021-2022 ata o vindeiro 16 de xullo.

Concerto de verán comeza coa actuación dos acordeonistas José Pardal e Victoriano Silva que, acompañados do seu profesor Vadim Yukhnevich, interpretan a ‘Xota de Taboada’; e remata coa interpretación ao violín do ‘Himno Galego’ que fai Vicente Varela acompañado pola súa profesora Amparo Cánovas.

As actuacións deste vídeo forman parte do tradicional concerto de solistas co que a ESMU de Rois remata cada curso escolar. Como non se puido celebrar presencialmente o Concello de Rois e o equipo directivo da ESMU decidiron organizar concertos telemáticos como un incentivo máis para o alumnado da Escola de Música. O primeiro foi o Concerto do Santo Isidro, o 15 de maio, ao que seguíu o Concerto das Letras Galegaso 17 de maio pasado, e hoxe remata con este Concerto de verán.

Durante os máis de 45 minutos que dura este concerto interveñen, por orde de aparición:

  • José Pardal e Victoriano Silva (con Vadim Yukhnevich)
  • Lucía Rabuñal
  • Ileana Piñeiro
  • Sabela Becerra
  • Francisco Soñora
  • Iara Rodríguez
  • Ana Bralo, Brais Insua e Xiao Miguéns
  • Aitana Rodríguez
  • Ramón Cobas
  • Alba Manni
  • Emma Bralo
  • Damián Losada
  • Leire Suárez (con Amparo Cánovas)
  • Diego Rivera
  • Noa Estévez, Fabián Vázquez e Anxo Cordo
  • Alba Manni
  • Claudia Castro
  • Aitana Rodríguez
  • Ramón Cobas
  • María Bralo
  • Sabina Gutiérrez
  • Amelia Miguens
  • Ileana Piñeiro
  • Jorge Santiso
  • Valeria Castro
  • Vitoriano Silva e José Pardal
  • María Carmen Dios
  • Vicente Varela (con Amparo Cánovas)