Cartel da convivencia de mulleres 2024

O departamento de Servicios Sociais do Concello de Rois organiza, como é habitual nas datas próximas ao 25N, unha nova convivencia de mulleres que este ano terá como destino a localidade estremeña de Cáceres. A viaxe, que busca fomentar a relación interxeracional entre mulleres e abordar as súas inquedanzas e problemáticas, desenvolverase na fin de semana do 22 ao 24 de novembro.

A participación está aberta a todas as mulleres maiores de 18 anos que estean empadroadas no municipio de Rois e volve a facerse en fin de semana coa idea de que, ademais de mulleres pensionistas, poidan sumarse traballadoras e estudantes, fomentando así o encontro entre mulleres de todas as idades.

O custo da convivencia é de 160 euros por persoa. As interesadas en asistir á convivencia deberán formalizar a súa inscrición entre o xoves 7 e o xoves 14 de novembro no departamento municipal de Servizos Sociais aportando o DNI e o xustificante de pagamento .

O ingreso dos 160 euros farase na conta do Concello de Rois ES64 2080 0328 9631 1000 0060, logo de confirmar a dispoñibilidade de praza a través de Servizos Sociais. O horario de atención ao público deste departamento é de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres, agás os mércores.

O Concello de Rois recorda que as prazas son limitadas e que se outorgarán por rigorosa orde de solicitude.