As Chicas BacQueen AC Rois, da Asociación de Amas de Casa, e o propio colectivo foron onte protagonistas do concurso de Entroido que celebrou o Concello de Rois e no que participaron máis de 200 persoas disfrazadas. A separación de Shakira e Piqué animou a dúas comparsas a escenificar a ruptura da famosa parella nunha tarde na que o polideportivo dos Dices volveuse encher un público, que aplaudiu e gozou con disfraces de todas as cores

A proposta da Asociación de Amas de Casa de Rois imitando á mítica banda británica de rock permitiulles conseguir o primeiro premio na categoría de Comparsas de máis de 13 membros, despois das tres coreografías que representaron e que levantaron risas entre o público. A este galardón, as Amas de Casa de Rois sumaron o I premio ao espírito entroideiro para o stand mellor decorado que propuxo o concello para fomentar a participación e implicación nesta festa das asociacións e colectivos do municipio

Moi vistosa e animada foi tamén a actuación de @s tunantes, da Asociación Sanamede de Rois, que montaron unha tuna para darlle vida tanto ao desfile como á festa e que lles permitiu conseguir o segundo premio entre as comparsas de máis de trece membros. O terceiro galardón nesta categoría foi para A granxa da Fonte, que quixo demostrar que o campo ten futuro coa participación de nenas e nenos  pequenos na súa comparsa.

Na categoría de comparsas de 4 a 12 membros con persoas adultas os premios foron para os piratas de La Perla Negra e para Barrio Sésamo que trasladou a moitos dos asistentes ata a súa infancia.

Lavandería amigosno que os menores de doce anos compartían tarefas do fogar coas súas compañeiras, gañou o primeiro premio en comparsas infantil, mentres que Levas pallas no cu, escenificando a ruptura de Shakira e o ex capitán do FC Barcelona quedou en segunda posición.

Fábula do raposo tras a galiña, Paneis solares Mariquita levaron os tres primeiros premios na categoría de parella-trío, na que competiron 15 participantes.

Na categoría individual para maiores de 13 anos ganaron Arrecife, Sombrereiro e Gato con botasmentres que en individual infantil os premios foron para Moucho, Choiva e Fregona.  Nesta categoría tamén levaron un agasallo os disfraces Andaluza, Princesa Martina e Nico Piccolo.

O Concello de Rois destinou este ano máis de 1.800 euros aos premios do concurso de entroido, que foron entregados polo alcalde, Ramón Tojo, nun polideportivo cheo de xente. O xurado encargado de designar aos gañadores estivo composto por Noel Vázquez, Carmen Martín e José Luis Vázquez.

Unha vez rematado o desfile, e mentres o xurado deliberaba, os participantes no concurso e todo o público presente no polideportivo puido probar as diferentes propostas culinarias que presentaron as asociacións e entidades do municipio. Filloas, orellas, flores, empanada, lambetadas ou chocolate foron algúns dos pratos que degustaron todos os presentes. Ao rematar, Noel Vázquez e Carmen Martín, que conforman o Dúo Acherizados, encargáronse de animar a festa coa súa música. Protección Civil de Rois, coa colaboración da de Padrón, encargouse de velar pola seguridade de todos os participantes durante o desfile, dende a casa consistorial ata o polideportivo e, despois, dentro do propio pavillón. Nunha das dependencias do polideportivo o Concello montou unha zona de xogos para que os máis novos puidesen entreterse e gozar durante toda a tarde.

Compartimos esta galería de imaxes resumo da xornada. Podes ver todas as fotos na páxina de Facebook do Concello de Rois. Galería de fotos co desfile e concurso de disfraces (neste enlace) e galería de fotos do ambiente e dos stands das asociación (neste enlace)