A Asociación de Amas de Casa de Rois, que conta con 140 socias, celebrou este domingo os seus 25 anos cun acto no pazo do Faramello que comezou plantando un árbol no Xardín dos Recordos e entregándolle uns agasallos ao alcalde e ao propietario do pazo. Pola súa banda, o alcalde, Ramón Tojo, fixo entrega dunha placa conmemorativa á presidenta da Asociación dende que se constituíu esta en 1994, María Carmen Gargía Acosta. Na xornada houbo un emotivo recordo para a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde, Lourdes González, que finaría poucas horas despois.
O grupo de gaitas da asociación interpretou o himno do antigo reino de Galicia mentres o propio alcalde e outros participantes, plantaban un árbol no Xardín dos Recordos conmemorativo da efeméride. Esta espazo de 7.000 metros cadrados foi cedido por Gonzalo Rivero de Aguilar, propietario do pazo do Faramello, para plantar unha árbore en memoria de cada unha das 80 vítimas mortais do accidente de tren en Angrois hai xa seis anos.
Despois, a asociación entregoulle unha placa conmemorativa a Gonzalo Rivero, pola súa colaboración coa asociación, e un agasallo para o alcalde, Ramón Tojo. Este correspondeu entregándolle unha placa de madeira á presidenta das Amas de Casa de Rois, María Carmen García Acosta, que leva no cargo dende que se constituíu esta en 1994.
Carmen García amosou o seu orgullo porque dende a Asociación de Amas de Casa “compartimos actividades mulleres dos concellos da comarca” que forman parte do colectivo. Na súa intervención tivo palabras de recordo “para ás 32 compañeiras que xa non están entre nós”.
Despois da foto de familia de todos os presentes no acto e dunha misa na capela do pazo, os asistentes participaron nun xantar de confraternidade.
Album de fotos no facebook do Concello de Rois (neste enlace)