Actividades Culturais

1.1. Nadal

 

1. PROGRAMACIÓN DE ACTOS CULTURAIS REFERIDOS A FESTIVIDADES E CONMEMORACIÓNS
Nesta liña programática inclúense todos aqueles actos que teñen que ver co programa de festividades e conmemoracións existentes en datas clave ao longo do ano.

 

1.1. Nadal
Son varias as actividades encadradas nestas festas navideñas.
A chegada de Papá Noel e de dous trasnos é recibida con ledicia, así como do Apalpador a través do libro de Xoán G.
Os paxes reais de Oriente visitan todos os centros escolares do concello para recolleren nunha grande caixa de correo as cartas que o alumnado lles escribiu ás súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Estas cartas teñen como sorpresa a resposta dos reis magos, que chegará á casa de cada neno acompañada do anuncio da cabalgata que se celebra en Rois ao longo de todo o día 5, xornada na que un tren percorre as parroquias do concello. Nel, ademais de viaxaren os Reis Magos e os paxes reais, poden facelo todos os nenos e nenas que se anoten previamente.

 

1.2. Entroido
Festa entre cristiá e pagana na que todos e todas nos voltamos un tanto irreverentes detrás dunha máscara. Esta festa é importantísima para toda a cidadanía, xa que tanto maiores como pequenos desfrutan sen parar.

 

 

1.3. Conmemoración do Día da Muller
O 8 de marzo, Día internacional da muller traballadora é unha data que desde o Concello conmemoramos desde diferentes vertentes: a de sensibilización, a través do Certame de Debuxos que servan de anunciadores de dita data, e para o que contamos coa colaboración dos centros educativos. A vertente divulgativa, mediante exposicións, charlas e cine que traballen o tema da muller e igualdade. As actividades organizánse conxuntamente co persoal de servizos sociais.

 

 

1.4. Día das Letras Galegas
O Día mundial do libro e dos dereitos de autor celébrase todos os anos o 23 de abril, data na que se por de manifesto o papel que desempeña o libro na sociedade dos nosos días. En Galicia, coincide esta data moi próxima ao Día das letras galegas, o 17 de maio, data na que Galicia honra as súas letras e a súa lingua. Estas dúas celebracións son o motivo polo que se poñen en marcha numerosas accións, para as cales se traballa conxuntamente com outras áreas municipais, como o Servizo de Normalización Lingüística.

 

1.5. San Isidro Labrador
O 15 de maio celébrase a festividade patronal de San Isidro Labrador. Este día supón a organización dunha serie de actos culturais, deportivos e gastronómicos recollidos nunha única programación e que supón unha complexa orde, coordinación e xestión de persoas, recursos, espazos e financiamento. Os obxectivos desta programación refírense a:
•    Celebrar a festa patronal mediante unha variada oferta de actividades culturais, deportivas e gastronómicas para as diversas idades, onde os protagonistas son eles mesmos.
•    Poñer en práctica a actividade asociacionista municipal
•    Crear un clima de encontro entre veciños e veciñas
•    Difundir e resaltar a cultura popular

 

 

2. PROGRAMACIÓN DE VERÁN

Coa programación proposta, preténdese ofertar unha programación variada de actividades de lecer e tempo libre, de cara a fomentar o desfrute do concello en tempada de verán, así como tamén informar á poboación doutras posibilidades de lecer a realizar fóra do concello. Son varias as actividades recollidas:

– Campamentos rurais: actividades de lecer e conciliación familiar para os nenos e nenas de Rois

– Noites de cine: exhibición de películas ao aire libre

– Excursión de fin de semana: organización dunha saída cultural para todos os públicos

– Información sobre prazas en campamentos da Xunta de Galicia e outras entidades e outras actividades de lecer

3. PROGRAMACIÓN DE OUTONO E INVERNO

Neste último trimestre de ano e comezo do seguinte, preténdese programar unhas accións culturais diversas, que respondan ás intereses da poboación.

Para isto, realizamos unha programación de actividades nas seguintes vertentes:
– Teatro: representacións de novos espectáculos e doutros con éxito xa constrastado
– Música: actuacións de diferentes estilos musicais (folk, jazz, blues, fusión…)
– Exposicións: o espazo expositivo do multiúsos da lugar a múltiples expresións e formatos artísticos.
– Noite de corais: actuación coordenada pola coral de Urdilde.
– Obradoiros para os rapaces/as en Rois e Urdilde: nos tempos non lectivos do Nadal

 

4. PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS ARTÍSTICAS ESPECÍFICAS

4.1. Aulas de teatro
– Obxectivos
•    Crear unha inquietude cara o mundo do teatro
•    Crear unha agrupación estable de teatro no municipio
•    Dar a coñecer as iniciativas teatrais de afeccionados existentes en certos lugares galegos
•    Ofrecer un lugar de encontro para os rapaces/as en idade escolar dos centros educativos do Concello

 

4.3. Excursións
As saídas culturais son unha gran fonte de riqueza por varios motivos: primeiro, permite abrir as portas para saír da rutina diaria, puidendo coñecer espacios novos e usos deles. Así, a primeira intención está dirixida a amplia-los espacios de ocio, así como aprveitar a fonte de recursos do contexto social.
As actividades supoñen tamén un compoñente formativo, en canto o coñecemento do entorno histórico, cultural e natural que existe en Galicia.
Outro dos aspectos que hai que resaltar é o referido o compoñente físico, polo feito de que as actividades programadas básanse na mobilidade, no exercicio físico, na actividade do corpo.
As actividades, ademáis , realízanse en grupo, co cal lles brindamos a oportunidade de coñecer a xente, a persoas en situacións similares as súas, co cal pretendemos realizar unha tarefa que teña como pilar base o desenvolvemento persoal e da comunidade.