Axencia de Desenvolvemento Local

¿Que é?

A axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Rois é o instrumento para a execución das accións de promoción económica, cooperación empresarial e o fomento do espíritu emprendedor do Concello.

Obxectivos

  • Asesorar a emprendedores locais e ás empresas na súa constitución, marco legal, funcionamento, financiación.

  • Informar e tramitar subvencións para a mellora e ampliación das empresas existentes.

  • Detectar recursos ociosos ou susceptibles de favorecemento á creación de empresas e a disminuir o desemprego.

  • Axudar ós colectivos de desempregados facilitando a súa inserción laboral e colaborando na procura activa de emprego.

Servizos que presta

  • Orientación e asesoramento laboral ós desempregados:

    • Ferramentas para a procura de emprego: curriculum vitae, carta de presentación, entrevistas etc…

    • Información e intermediación laboral con empresas que demandan traballadores.

    • Información sobre accións formativas.

    • Auto emprego e economía social; subvencións para a actividade.

  • Orientación e asesoramento a emprendedores:

    • Información e tramitación de subvencións para a posta en marcha de empresas, contratación de traballadores, maquinaria.

    • Apoio de iniciativas locais de emprego.

    • Elaboración de proxectos empresariais; estudios de viabilidade.

    • Tramites para a constitución de erpesas.

  • Colaboración e asesoramento a emrpesarios:

    • Difusión de programas de cooperación de contratación de xente do noso Concello.

    • Intermediación laboral colaborando na busca de traballadores párea as empresas.

Destinatari@s

  • Promotores dunha idea empresarial.
  • Pequenas e medianas empresas.
  • Asociacións.
  • Desempregados e desempregadas.
  • Público en xeral