Educación familiar
O programa de educación familiar é un servizo municipal de axuda ás familias con circunstancias especiais que as fan máis vulnerables. Ten como obxectivo principal a orientación e asesoramento das familias para atoparlles unha solución ás súas necesidades, así como establecer pautas básicas de organización familiar.
Procúrase fomentar hábitos de comunicación entre pais, nais e fillos/as, que lles permitan adquirir pautas de conduta para a mellora da súa calidade de vida e das relacións familiares, poñendo especial coidado na atención prestada aos menores que formen parte do núcleo familiar.
Por outra banda, o Concello de Rois ofrece un servizo de reforzo escolar a menores con dificultades no proceso de aprendizaxe, en coordinación cos departamentos de Orientación dos colexios do municipio. As aulas de apoio educativo teñen por obxectivos reducir o índice de fracaso escolar, introducir hábitos de estudo, mellorar a autoestima, fomentar a autonomía e as habilidades sociais, ademais de involucrar ás familias nos procesos de ensino e aprendizaxe dos seus fillos.
Terceira idade
O programa de actividades para persoas maiores establécese coa intención de promover a súa calidade de vida, fomentando as actividades sociais, culturais e recreativas para este sector de poboación. Trátase de promocionar un espazo de ocio adaptado ás necesidades e ás demandas das persoas maiores, que as leve a gozar do seu tempo libre: excursión da terceira idade, talleres de memoria ou ximnasia para maiores son algunhas das accións promovidas neste eido.
Dende o Concello de Rois desenvolvemos actividades encamiñadas a un envellecemento activo e á loita contra a soidade non desexada. Todas estas actividades están enmarcadas baixo o Programa Non Envellezas en Soidade, a través das seguintes accións:
• Taller de Memoria Municipal.
• Acompañamento de persoas maiores de 80 anos que viven soas e con risco de illamamento social a través da disposición dun servizos de atención psicolóxica domiciliaria para traballar capacidades de memoria e cognitivas. Estas persoas deberán acreditar a súa situación de especial vulnerabilidade a través dos Servizos Sociais Comunitarios.
Programas financiados pola

















