- Está dirixido a mozos e mozas de Rois, Padrón e Dodro
- Os interesados teñen que estar en paro e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil
- Teñen de prazo ata o 21 de setembro para inscribirse cos códigos 340, 320 e 370 no Servizo de Emprego Público
O Concello de Rois por en marcha unha nova iniciativa para facilitar a incorporación ao mercado laboral de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean desempregados. Conveniado con Padrón e Dodro, Rois promove o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020, para formar a 10 alumnos traballadores durante un ano na confección e publicación de páxinas web.
O programa está dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil e no Servizo de Emprego Público cos códigos 340, 320 e 370. O prazo para inscribirse no INEM remata con estes códigos remata o 21 de setembro.
O alumnado-traballador deberá ter o Graduado de ESO ou o certificado de Competencias clave de nivel 2 e estar censado en Rois, Padrón e Dodro. Proximamente daranse a coñecer as bases deste obradoiro de emprego..
O obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020 está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Ten como finalidade a formación e inclusión laboral da xuventude. Na parte práctica, os participantes formaranse no deseño de webs ampliando a páxina Coñece Terras de Iria.