Dende o Programa Integrado de Emprego Terras de Iria V, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, realizarouse unha “Xornada sobre experiencias empresariais” onde o asesor de empresas Manuel Montenegro, de MG Asesores, deu a coñecer as axudas e subvencións para as persoas emprendedoras; Víctor Rodríguez, de Nube de Ockham, explicou a importancia do márketing e imaxe de empresa dixital; e Brenda Hermida, que falou da súa experiencia emprendedora coa posta en marcha do seu negocio Vaia Pelos Peluquería Canina. A xornada contou tamén coa presenza do concelleiro de Emprego, Abel Tarrío Abuín, e foi clausurada polo alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís.