Un total de 55 persoas pasaron unha tarde inesquecible o pasado venres no Salón do Libro de Pontevedra, todas elas, participantes das actividades de contacontos e Arrorois que organiza a biblioteca pública municipal de Rois.
Despois dunha visita guiada polo Salón, puideron gozar na merenda da presentación do novo traballo de Cé Orquestra Pantasma “A voar”, a continuación, foron testigos do espectáculo “Patapatúm” de Elefante Elegante, premio María Casares 2019 ao mellor espectáculo infantil.