Notice: session_start(): ps_files_cleanup_dir: opendir(/tmp/phptmp) failed: Permission denied (13) in /home/rois/www/wp-content/plugins/PDFBuilderForWPFormPro/Integration/Adapters/WPForm/Entry/WPFormEntryProcessor.php on line 123
Viaxe a Cabeza de Manzaneda 2019 – Concello de Rois

O Concello de Rois organiza unha viaxe a Cabeza de Manzaneda o próximo día 9 de febreiro. A inscrición estará aberta ata o día 5 de febreiro para todos os veciños que queiran participar.

A cota é de 7 euros, para os participantes de ata 7 anos, e de 10 euros para os maiores de 7 anos (os menores de idade deberán ir acompañados por unha persoa adulta). O custo inclúe xantar autoservicio, autobús e seguro de viaxe. Na estación poderanse alugar trineos e equipamento para esquiar. A saída do autobús efectuarase dende Rois ás 7:00 e dende Urdilde ás 7:30. A hora de regreso será as 17:30 e fará unha parada en Pobra de Trives.

Para reservar praza cómpre facer un ingreso nunha das seguintes contas e entregar o xustificante do pagamento nas oficinas municipais: 

Abanca: ES87 2080 0328 9831 1000 0033

Banco Popular: ES78 0238 8229 7006 6000 0271

As prazas son limitadas e reservaranse por orde de inscrición.