20180904 Panxon nova

As veciñas de Rois que queiran participar na xuntanza de mulleres que organiza o CIM de Padrón poden facelo anotándose antes do vindeiro luns, día 10, abonando a cota de 80 euros.

Organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellaría de Igualdade e Muller do Concello de Padrón, o encontro de mulleres celebrarase en Panxon os vindeiros 22, 23 e 24 de setembro. Nel poden participar tamén as veciñas de Rois que o desexen.

As interesadas deberán ingresar a cota de 80 euros na conta ES23 0182 2374 2802 0151 8447 e despois inscribirse nas oficinas do CIM de Padrón (praza Rodríguez Cobián, 4) antes do luns 10 de setembro.