Un grupo de 30 persoas veciñas de Rois participaron onte na excursión que o Concello organizou á Costa da Morte. Visitaron Muxía, Cee, o faro de Fisterra, Muros e, pola noite, puideron ver a espectacular fervenza do Ézaro. O tenente de alcalde, Manuel dos Santos, acompañou á comitiva nesta excursión.
O vindeiro día 29 está programada outra viaxe. Nesta ocasión á comarca do Salnés. Os interesados deberán apuntarse antes do luns día 24 no Concello de Rois (para máis información preme neste enlace)