20181218 Cocteles webA Unidade de Prevención de Condutas Adictivas dos Concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga pon en marcha un taller de Cócteles sen alcohol destinado á mocidade, entre 12 e 16 anos. O obradoiro celebrarase no Auditorio Municipal de Rois o xoves 27 de decembro, de 12.00 a 13.30 horas.

Este taller ten como obxectivo evitar o risco do consumo de bebidas alcohólicas, dando alternativas ao mesmo. Dende esta Unidade considérase que a prevención é clave en calquera sector da poboación, pero principalmente naqueles grupos máis vulnerables por razóns de idade. Ante esta realidade, os mozos e mozas asistentes participarán nunha clase práctica de receitas de cócteles sen alcohol; complementada cunha explicación sobre as consecuencias do abuso e as estratexias para evitar ou reducir o consumo, máxime tendo en conta a vinculación social que existe entre as celebracións e o consumo deste tipo de droga.

Para participar é preciso inscribirse previamente, no Auditorio Municipal, antes do 21 de decembro.