urdilde

O Concello de Rois promove a concienciación veciñal coa celebración de charlas sobre a limpeza de fincas e a prevención de incendios

O Concello de Rois acolleu o martes 27 e o venres 30 de maio dúas xornadas informativas en Rois e Urdilde co obxectivo de achegar á veciñanza as obrigas legais e boas prácticas en materia de prevención de incendios forestais.

As sesións foron impartidas por unha axente medioambiental do Distrito Forestal IV do Barbanza, que explicou de forma detallada os aspectos máis relevantes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, especialmente os relativos á xestión da biomasa vexetal e á corta de especies incluídas na rede de faixas secundarias. >

O Concello de Rois promove a concienciación veciñal coa celebración de charlas sobre a limpeza de fincas e a prevención de incendios Ler máis »

Reunión de Ramón Tojo con María M. Allegue

Ramón Tojo reúnese coa conselleira de Vivenda para avanzar na humanización de Urdilde

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, mantivo un encontro de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para abordar actuacións no eido das infraestruturas que permitan mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Entre os temas tratados destacou a proposta de humanización da entrada de Urdilde, que inclúa a creación dun paseo na zona máis próxima a Santiago. >

Ramón Tojo reúnese coa conselleira de Vivenda para avanzar na humanización de Urdilde Ler máis »

O luns 18 de decembro comezan as xornadas de portas abertas para as familias nas Escolas Deportivas

Como xa é tradición cada mes de decembro, as Escolas Deportivas Municipais contarán cunha xornada de portas abertas coincidindo co remate do primeiro trimestre de curso.

Entre o vindeiro luns 18 de decembro e o xoves 21, os familiares e as persoas achegadas do alumnado das diferentes modalidades deportivas poderán acceder ás instalacións e ver como se desenvolven os quince últimos minutos de cada clase nos seus respectivos horarios. >

O luns 18 de decembro comezan as xornadas de portas abertas para as familias nas Escolas Deportivas Ler máis »