Rois reforza a conciliación familiar coa continuidade da Ludoteca escolar e a posta en marcha do novo Servizo Amencer
O Concello de Rois vén de anunciar o inicio dos programas de apoio á conciliación familiar para o curso 2025/26, que inclúen a continuidade do servizo de Ludoteca escolar e, como gran novidade, a posta en marcha do Servizo Amencer. Ambos recursos están deseñados para facilitar a organización das familias e ofrecer ao alumnado un espazo de aprendizaxe, xogo e creatividade fóra do horario lectivo. >

















