O Concello de Rois promove a concienciación veciñal coa celebración de charlas sobre a limpeza de fincas e a prevención de incendios
O Concello de Rois acolleu o martes 27 e o venres 30 de maio dúas xornadas informativas en Rois e Urdilde co obxectivo de achegar á veciñanza as obrigas legais e boas prácticas en materia de prevención de incendios forestais.
As sesións foron impartidas por unha axente medioambiental do Distrito Forestal IV do Barbanza, que explicou de forma detallada os aspectos máis relevantes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, especialmente os relativos á xestión da biomasa vexetal e á corta de especies incluídas na rede de faixas secundarias. >



















