Rois celebra o Día de Rosalía con concertos, visitas guiadas e Caldo de gloria na hostalaría
- Os locais hostaleiros ofrecerán Caldo de gloria o luns 23 de febreiro —e o domingo 22 nos locais pechados o luns— xunto cun pousavasos conmemorativo
- A programación inclúe concertos, visita ás camelias da familia Abalo en Oín, actividades na biblioteca e sorteo nas redes sociais
- O Concello repartirá cadernos nas actividades e manteis en centros educativos e entidades do municipio






















