Obradoiro de emprego

Rois conmemora o Día das Bibliotecas cunha nova guía de lectura elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego

Con motivo da celebración hoxe, 24 de outubro, do Día das Bibliotecas, o Concello de Rois presenta unha nova guía de lectura elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2024.

Esta data celébrase cada 24 de outubro para poñer en valor a importancia das bibliotecas como espazos de encontro e coñecemento, e para recoñecer o labor das persoas que as fan posibles. >

Rois conmemora o Día das Bibliotecas cunha nova guía de lectura elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego Ler máis »

Os alcaldes de Rois, Ramón Tojo; Padrón, Anxo Arca; e Dodro, Xabier Castro; o director territorial de Emprego, Juan José Couce; e alumnado e equipo docente e adminsitrativo participan na presentación dun novo obradoiro de garantía xuvenil Terras de Iria

O obradoiro Terras de Iria 2024 formará en maquetación quince persoas mozas de Rois,Padrón e Dodro

  • O alcalde, Ramón Tojo, destaca na presentación a cohesión dos concellos da comarca do Sar á hora de apostar polo emprego
  • O taller, que ten unha duración de doce meses, conta cunha subvención da Xunta de 411.000 euros

O obradoiro Terras de Iria 2024 formará en maquetación quince persoas mozas de Rois,Padrón e Dodro Ler máis »

Resultados definitivos da segunda selección para o posto de arquitecto/a técnico/a do obradoiro dual Comarca do Sar

24 de novembro de 2023

Publícanse os resultados definitivos da segunda selección para o posto de arquitecto/a técnico/a do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2023.

Os resultados poden consultarse en arquivo adxunto.

23 de novembro de 2023

Publícanse os resultados provisionais da segunda selección para o posto de arquitecto/a técnico/a do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2023. >

Resultados definitivos da segunda selección para o posto de arquitecto/a técnico/a do obradoiro dual Comarca do Sar Ler máis »

Imaxe de arquivo dun obradoiro de emprego xuvenil celebrado en 2019

Contratación do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo do obradoiro Xuventude Terras de Iria

29 de setembro de 2023

Faise pública a resolución da alcaldía pola que se anuncian as contratacións do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria.

A listaxe de contratacións pode consultarse no arquivo adxunto. >

Contratación do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo do obradoiro Xuventude Terras de Iria Ler máis »