Presentación da sexta edición dos Premios Youtubeiras

Youtubeiras chega á súa sexta edición co obxectivo de ensanchar a comunidade creadora en galego na Rede

  • Os premios repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías
  • O prazo de inscrición abrirase o 27 de setembro e finalizará o 15 de novembro.
  • Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña