Rois celebrará o 24 de outubro o Día das Bibliotecas co espectáculo para familias A bibliotecaria estrafalaria
O venres 24 de outubro Rois conmemorará o Día das Bibliotecas co espectáculo para público familiar A bibliotecaria estrafalaria. Trátase dunha proposta de narrración oral na que Cris de Caldas volve a meterse no papel de Candelaria, unha bibliotecaria soñadora e sorprendente, para compartir co público contos cheos de maxia, humor e aventuras. >



















