O acto conmemorativo do Día da muller celebrouse coa presentación do audiovisual 'Rois, m8ita muller'
O alcalde, Ramón Tojo, destacou que “as mulleres rurais foron pezas clave nos coidados e na educación, pero tamén na economía e nos avances sociais”
A concelleira Mercedes Basante foi a encargada de ler o manifesto do 8M, que incide na necesidade de igualar as condicións laborais e de apostar pola educación en igualdade
A entrega de premios do concurso de carteis e un espectáculo contra os estereotipos de xénero completaron a programación