festas

Cacharelas de San Xoán 2026

Aberto ata o 19 de xuño o prazo para solicitar os permisos para as cacharelas de San Xoán

As persoas que desexen celebrar unha cacharela na noite de San Xoán, o próximo martes 23 de xuño, xa poden solicitar a correspondente autorización municipal. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata as 14.00 horas do venres 19 de xuño. >

Aberto ata o 19 de xuño o prazo para solicitar os permisos para as cacharelas de San Xoán Ler máis »

Cultura Dispersa 2026 comeza o 16 de maio en Costa e levará actuacións ás doce parroquias de Rois

  • O Concello mantén a súa colaboración coas festas parroquiais a través dunha programación cultural repartida ao longo do verán
  • O programa está elaborado en coordinación coas comisións de festas e coa rede asociativa do municipio

Cultura Dispersa 2026 comeza o 16 de maio en Costa e levará actuacións ás doce parroquias de Rois Ler máis »

Rois renderá homenaxe ao taberneiro José Luis Franco Pérez no Santo Isidro Labrador 2026

  • O rexente da taberna A Carballeira será recoñecido por máis de catro décadas de dedicación á hostalaría local
  • O creador de contido Gabi García Calvo será o pregoeiro das festas patronais
  • O xantar popular terá un prezo de entre 10 e 30 euros e as entradas poderán retirarse ata o 11 de maio
  • A programación inclúe propostas musicais, actividades familiares e citas deportivas ao longo do mes

Rois renderá homenaxe ao taberneiro José Luis Franco Pérez no Santo Isidro Labrador 2026 Ler máis »