ESMU

O alcalde de Rois recibe á delegación lusa de Santo André que está de intercambio coa ESMU

  • A comitiva portuguesa, formada por medio cento de persoas, participou hoxe nunha xornada de convivencia antes de acudir ao concello
  • Un percorrido pola ruta Rosalía nos Camiños e a visita á Casa Rosalía permitiulles coñecer as fermosas paisaxes de Rois e a nosa cultura
  • A Escola de Música de Rois e a Academia e Música de Santo André ofrecerán este sábado un concerto conxunto no auditorio do parque tecnolóxico Cortizo

O alcalde de Rois recibe á delegación lusa de Santo André que está de intercambio coa ESMU Ler máis »

O alumnado da Escola Municipal de Música de Rois viaxa a Portugal para un intercambio cultural e musical coa Academia de Santo André

  • A expedición está formada por 17 menores, a concelleira de Cultura Victoria Quiroga; o director da ESMU, dous profesores e a xestora cultural do concello
  • O sábado día 9 ofrecerán un concerto en Vila Nova de Santo André xunto á Orquestra de Sopros e Percussão
  • A iniciativa inclúe visitas culturais e patrimoniais, así como ensaios conxuntos entre as dúas escolas
  • Este é o cuarto intercambio musical internacional financiado polo Concello de Rois, tras as experiencias de Venecia, Hungría e Letonia
 

O alumnado da Escola Municipal de Música de Rois viaxa a Portugal para un intercambio cultural e musical coa Academia de Santo André Ler máis »

Cartel da apertura de inscricións na Escola de Música de Rois para o curso 2024/25

O Concello de Rois abre o prazo de matrícula da Escola municipal de música para o curso 2024-2025

Abre o prazo de matrícula na Escola municipal de música de Rois dende o día 9 de agosto ata o 28 deste mes, ambos os dous incluídos.

Podes acceder ao formulario de inscrición dende o seguinte enlace: https://inscripcionroismusicagl.brainbond.es/

As solicitudes atenderanse por orde de inscrición. >

O Concello de Rois abre o prazo de matrícula da Escola municipal de música para o curso 2024-2025 Ler máis »

A veciñanza gozou cos concertos de solistas da Escola Municipal de Música de Rois

O Auditorio municipal acolleu esta fin de semana os dous concertos de solistas protagonizados polo alumnado e o profesorado da Escola de Música de Rois.

A veciñanza gozou cos recitais individuais dos diferentes instrumentos que están aprendendo a tocar

O sábado 24 foi a quenda dos intérpretes de vento madeira, vento metal, percusión e piano e o domingo 25 dos de corda fretada, corda punteada, piano e canto. >

A veciñanza gozou cos concertos de solistas da Escola Municipal de Música de Rois Ler máis »