Encontro europeo

Cartel dos intercambios xuvenís promovidos polo Concello de Rois en Venecia e en Xeorxia

A mocidade de Rois poderá participar este verán en senllos intercambios culturais en Venecia e en Xeorxia

  • As prazas, dez para cada un dos destinos, están dirixidas a persoas mozas de entre 18 e 30 anos
  • O prazo de solicitudes permanecerá aberto dende o martes 22 ata o xoves 24 de abril
  • A viaxe a Italia desenvolverase do 24 de xuño ao 1 de xullo e a de Tibilise desenvolverase entre o 8 e o 15 de xullo

A mocidade de Rois poderá participar este verán en senllos intercambios culturais en Venecia e en Xeorxia Ler máis »

Victoria Quiroga clausura en Grecia encontro As voces europeas contra o euroescepticismo

Victoria Quiroga clausura en Grecia o encontro contra o euroescepticismo liderado por Rois

  • A concelleira de cultura volve reclamar en Pilea-Hortiati “seguir traballando unidos para fortalecer a Unión Europea”
  • O proxecto ‘As voces europeas contra o euroescepticismo’ promovido por Rois foi o único aprobado por Bruxelas en Galicia
  • O Concello de Rois segue perfilando o intercambio que levará a alumnado da ESMU e do CPI dos Dices a Letonia en setembro

Victoria Quiroga clausura en Grecia o encontro contra o euroescepticismo liderado por Rois Ler máis »

O alcalde de Rois participou en Malta no segundo encontro europeo contra o euroescepticismo

  • Representantes de diferentes países seguen dándolle voz a cidadanía para construír unha Unión Europea máis forte e solidaria
  • No proxecto que lidera o concello galego, Ramón Tojo estivo acompañado da concelleira de Cultura
  • Nas xornadas participaron o presidente e vicepresidenta da Rexión Sur de Malta

O alcalde de Rois participou en Malta no segundo encontro europeo contra o euroescepticismo Ler máis »