Exposición do censo electoral

As listas do censo electoral poden consultarse no Concello, por teléfono ou en internet entre o 1 e o 8 de xaneiro

As listas do censo electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024 estarán expostas ao público no Concello de Rois entre o 1 e o 8 de xaneiro, ambos os dous días incluídos.

As persoas interesadas poderán acudir ás oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas para consultar as listas do censo electoral ou presentar reclamacións, sempre dentro do prazo sinalado. >