Rois conmemora o Día das Bibliotecas cunha nova guía de lectura elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego
Con motivo da celebración hoxe, 24 de outubro, do Día das Bibliotecas, o Concello de Rois presenta unha nova guía de lectura elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2024.
Esta data celébrase cada 24 de outubro para poñer en valor a importancia das bibliotecas como espazos de encontro e coñecemento, e para recoñecer o labor das persoas que as fan posibles. >


















