deporte

Horarios III Trail e Andaina Montes de Rois

Máis de 700 deportistas participarán o domingo 11 na terceira edición do Trail e Andaina Montes de Rois

  • Abre o calendario 2026 do Ranking Galego de Trail Running na serie prata
  • Os participantes contarán con vestiarios e aparcadoiro, desfrutarán duns petiscos ao remate da proba e participarán no sorteo de zapatillas de running e doutros agasallos
  • O Concello recorda a necesidade de circular con precaución polos lugares de paso entre as 10.00 e as 14.00 horas

Máis de 700 deportistas participarán o domingo 11 na terceira edición do Trail e Andaina Montes de Rois Ler máis »

Rois celebra o XX Día da Bici o 13 de setembro cun percorrido máis curto para favorecer a participación infantil

  • A inscrición farase de xeito gratuíto no polideportivo municipal antes da saída 
  • O percorrido será de 12 km, fronte aos 19 da pasada edición, e comezará ás 11.00 h da mañá
  • O evento combina natureza, deporte e diversión nunha cita aberta á veciñanza

Rois celebra o XX Día da Bici o 13 de setembro cun percorrido máis curto para favorecer a participación infantil Ler máis »

Rois celebra o sábado 14 de setembro a décimo novena edición do Día da Bicicleta

  • O evento comezará ás 16.30 horas no polideportivo de Rois, que será o punto de saída e chegada dunha ruta ciclista de 19 quilómetros
  • A organización entregará agasallos aos participantes, sortearase unha bicicleta e renderase unha homenaxe aos ciclistas de maior e menor idade
  • A xornada pecharase cunha gran festa con espectáculos de freestyle e danza

Rois celebra o sábado 14 de setembro a décimo novena edición do Día da Bicicleta Ler máis »

O luns 18 de decembro comezan as xornadas de portas abertas para as familias nas Escolas Deportivas

Como xa é tradición cada mes de decembro, as Escolas Deportivas Municipais contarán cunha xornada de portas abertas coincidindo co remate do primeiro trimestre de curso.

Entre o vindeiro luns 18 de decembro e o xoves 21, os familiares e as persoas achegadas do alumnado das diferentes modalidades deportivas poderán acceder ás instalacións e ver como se desenvolven os quince últimos minutos de cada clase nos seus respectivos horarios. >

O luns 18 de decembro comezan as xornadas de portas abertas para as familias nas Escolas Deportivas Ler máis »

Este domingo arranca o XVII Torneo Interparroquial de fútbol 7 do Concello de Rois

Este domingo, 9 de xullo, regresa o Torneo Interparroquial de fútbol 9 do Concello de Rois coa disputa da súa edición número 17.

O campo da Braña, en Seira, acolle a fase de grupos coa participación dos equipos Herbogo, Oín e Urdilde (que formarán parte do grupo 1) e Ribasar, Sorribas e Buxán (dentro do grupo 2). >

Este domingo arranca o XVII Torneo Interparroquial de fútbol 7 do Concello de Rois Ler máis »