cultura

Cartel do Outono Cultural 2025

O Outono Cultural volve con cinema, teatro e maxia de balde nas fins de semana de novembro e de decembro

  • A premiada película ‘As bestas’ abrirá a programación o sábado 15 de novembro
  • Os sábados ás 8 da tarde presentaranse tamén as obras ‘Bicos con lingua’, ‘Sen lingua’, ‘De algo hai que morrer’ e ‘Apaga o candil’
  • A cativada contará co seu propio espazo os venres ás 18.00 horas no Outono Miúdo
  • A maxia do Nadal inundará o auditorio municipal co Mago Paco e co filme ‘Wonka’

O Outono Cultural volve con cinema, teatro e maxia de balde nas fins de semana de novembro e de decembro Ler máis »

Cartel do Día da Biblioteca

Rois celebrará o 24 de outubro o Día das Bibliotecas co espectáculo para familias A bibliotecaria estrafalaria

O venres 24 de outubro Rois conmemorará o Día das Bibliotecas co espectáculo para público familiar A bibliotecaria estrafalaria. Trátase dunha proposta de narrración oral na que Cris de Caldas volve a meterse no papel de Candelaria, unha bibliotecaria soñadora e sorprendente, para compartir co público contos cheos de maxia, humor e aventuras. >

Rois celebrará o 24 de outubro o Día das Bibliotecas co espectáculo para familias A bibliotecaria estrafalaria Ler máis »

A concelleira Victoria Quiroga participa na presentación da sétima edición dos premios Youtubeiras

  • Os galardóns celébranse baixo o lema 'Rede aberta, Rede diversa!' e o prazo de inscrición remata o 17 de novembro
  • A iniciativa está organizada polos servizos de normalización lingüística de 9 concellos, da Deputación da Coruña e das tres universidades galegas
  • Quiroga subliña que "as sinerxías, o intercambio e a suma de forzas son esenciais para o noso idioma"

A concelleira Victoria Quiroga participa na presentación da sétima edición dos premios Youtubeiras Ler máis »