O grupo de pandeireteiras que interpretan 'Sororidade', nun momento da gravación do vídeo

Máis de 30 veciñas da comarca do Sar protagonizan o videoclip ‘Sororidade’ do CIM Terras de Iria polo 8M

  • O Auditorio Municipal de Rois acolle a estrea do vídeo o sábado 5 de marzo ás 12 do mediodía
  • Dez pandeireteiras de agrupacións folclóricas locais interpretan a peza musical creada por Jéssica Beiroa para conmemorar a efeméride
  • Unha ducia de mulleres de Dodro, Padrón e Rois e outras tantas figurantes acompañan a música coa súa interpretación xestual
  • Con este proxecto, o CIM Terras de Iria pon o énfase na importancia da solidariedade entre mulleres e do empoderamento feminino