Rois homenaxea as súas cantareiras e as coplas tradicionais propias nunha nova edición do Serán da Lingua
Rois celebrou as cantareiras locais e as coplas tradicionais propias do municipio nunha nova edición do Serán da Lingua, que se desenvolveu este venres 9 de maio no auditorio municipal coas actuacións das Pandereteiras de Ermedelo, das Repiniqueiras de Urdilde, das Cantareiras das Amas de Casa de Rois e do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima. >

















