Caldo de Gloria

Cartel de Rois con Rosalía 2025

Rois celebra a Rosalía con concertos, posadoiro, sorteos e Caldo de Gloria nos locais hostaleiros

  • Os establecementos do municipio agasallarán a súa clientela con Caldo de Gloria e pousavasos o domingo 23 de febreiro
  • A programación inclúe concertos, un sorteo en redes sociais e actividades na biblioteca municipal
  • O Concello repartirá pousavasos e manteis conmemorativos nos centros educativos, en Amipa e no Centro de día de Urdilde

Rois celebra a Rosalía con concertos, posadoiro, sorteos e Caldo de Gloria nos locais hostaleiros Ler máis »

Unha cunca de caldo de gloria con pan de millo

Éxito da degustación de ‘Caldo de gloria’ en Rois con motivo do Día de Rosalía

  • Participaron nove locais de hostalaría do municipio, aos que o alcalde, Ramón Tojo, agradece o “grande esforzo por honrar á figura máis senlleira da literatura galega”
  • O Centro de Día de Urdilde sumouse á proposta introducindo o simbólico prato no seu menú diario
  • O mal tempo obrigou a adiar a ofrenda floral e a andaina para escolares, mentres que segue adiante o concurso en Facebook

Éxito da degustación de ‘Caldo de gloria’ en Rois con motivo do Día de Rosalía Ler máis »

Rois celebra o Día de Rosalía con gastronomía, homenaxes, poemas e certames na rede

  • Os locais de hostalaría do municipio repartirán de balde unha tapa de caldo de gloria o 23 de febreiro
  • Unha ofrenda floral con recitado de poemas e unha andaina para escolares centran os actos oficiais
  • Un concurso en redes sociais co cancelo #RoisconRosalía lembrará a figura da poeta

Rois celebra o Día de Rosalía con gastronomía, homenaxes, poemas e certames na rede Ler máis »