As bibliotecas de Rois recomendan lecturas infantís e xuvenís para este tempo de Nadal

As bibliotecas dos centros educativos de Rois, en coordinación coa biblioteca pública municipal e coa vista posta neste tempo de vacacións, difunden unha guía de lecturas para o Nadal pensada tanto para os escolares como para a veciñanza en xeral.

O obxectivo desta guía é fomentar a lectura entre o alumnado nesta época festiva, así como valer de orientación para posibles agasallos nestas datas. >