O Concello de Rois felicita a Josefina Lago Rey polos seus 102 anos de vida

O alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, achegouse ata a parroquia de Urdilde para felicitar persoalmente a Josefina Lago Rey, veciña de Macedos que vén de cumprir nada menos que 102 anos.

Acompañada pola súa filla Chelo, que coida dela con agarimo e dedicación, e do seu xenro Manuel dos Santos, Josefina recibiu por parte do Concello un ramo de flores, unha felicitación personalizada e unha medalla conmemorativa que suma á colección de lembranzas dunha vida longa e chea de experiencias. >

O Concello de Rois felicita a Josefina Lago Rey polos seus 102 anos de vida Ler máis »